COMISIÓN NEAE

20 DE MAIO 2017

Faro de Vigo:

Foanpas demanda ayudas para los estudiantes que necesitan atención educativa especial

Solicita la intervención de más especialistas

20.05.2017 | 02:25
Rueda de prensa de la directiva de Foanpas, ayer, en el IME. // FdV
La Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais (Foanpas) denuncia la ausencia de ayudas económicas para los estudiantes que necesitan atención educativa especial. En concreto, el colectivo critica los cambios en el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte para acceder a las ayudas económicas de los alumnos de Infantil, Primaria, Secundaria, Bachillerato y Ciclos Formativos.

Foanpas considera que la actual solicitud de becas perjudica la igualdad de oportunidades y excluye a decenas de niños que precisan la intervención de especialistas. La federación de padres solicita más profesionales en los centros educativos para que las familias no tengan que asumir ese gasto en horas extraescolares. Por último, demanda un sistema preventivo y evitar que se actúe una vez que aparece el problema en los jóvenes estudiantes.

Atlántico Diario:

Colectivos de padres piden más recursos para apoyo educativoLa Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e Comarca (Foanpas) reclamó ayer al Ministerio de Educación más medios para los centros educativos y cambiar las condiciones de la convocatoria de ayudas económicas para dar cobertura a todo el alumnado con Necesidades Específicas de Apoyo Educativo (NEAE). La portavoz de Foanpas, Bertila Fernández, explicó que dentro de este colectivo se encuentran alumnos con dificultades de aprendizaje, trastornos de déficit de atención con o sin hiperactividad, especiales condiciones personales o de historia escolar, incorporación tardía al sistema educativo, y altas capacidades intelectuales.Para atenderlos, el Ministerio de Educación convoca ayudas económicas, en los que este año se introdujeron  cambios que "no favorecen el acceso a las mismas", como que se haya retrasado la convocatoria, que se obligue a presentar la solicitud telemáticamente y que se pida un informe que deben pagar las familias. A ello se suma la distinción por nivel de renta y el que en la última convocatoria se hayan limitado estas ayudas "exclusivamente" al alumnado con necesidad de apoyo educativo derivado de discapacidad, trastorno grave de conducta y altas capacidades, supuestos que deben estar certificados, un requisito que supone excluir al "80% del alumnado". "Así no se garantiza la igualdad de oportunidades", lamentó antes de añadir que los alumnos también se ven afectados por que en los centros educativos no hay especialistas o "no son suficientes", con lo que los padres deben recurrir a terapias externas. Secundan la protesta colectivos de padres de Cangas, Condado, Paradanta y Louriña, Val Miñor, Moaña y Mos. 


30 DE MARZO 2017

Entrevista a Paula Verde, nai da Comisión NEAE de FOANPAS.

Expone en la Casa das Mulleres parte de la serie de fotos de su hijo con autismo para dar visibilidad a su vida cotidiana




26 DE MARZO 2017

XLSemanal:





11 DE MARZO 2017

V XORNADAS DE INCLUSIÓN EDUCATIVA

11 de marzo, na S.D.C. Atlántica de Matamá.



Inauguración das V Xornadas de Inclusión Educativa pola Concelleira de Educación do Concello de Vigo, Dona Olga Alonso, acompañada pola presidenta de FOANPAS, Dona Mª Carmen Rivas.

Primeira intervención a cargo de Marta Bernárdez,  mestra de Ed. Especiale Traballadora Social, e Pilar Abades, nai da Comisión NEAE de FOANPAS, onde nos informaron das "Axudas, subvencións e trámites para as familias".
Despois da pausa para o café, contamos coa ponencia de Ignacio Calderón, profesor de Teoría da Educación na Universidade de Málaga, co título "As loitas familiares na reconstrución de idearios excluíntes: diversidade, educación e transformación social".
Despois de comer e baixo o título "Vivir a diversidade en primeira persoa", contamos con Beatriz Silva, monitora do comedor do CEIP A.R.Castelao, Martín de la Puente, xogador de tenis en cadeira e Francisco Eijo, especialista en língua de signos.
Logo duns minutos para un café, seguimos con "Cousa de dous: familia e escola" con Yolanda Fontán, mestra do CEIP Mestre Martínez Alonso e Sabela Landín, nai dun neno con diversidade funcional.


V Xornadas de Inclusión Educativa








IV Xornadas Pontes para a Inclusión: TDAH


ANOTÁDEVOS!!!!






Ata o 22 de abril desfrutaremos nas instalacións do IME da exposición fotográfica "Obxectivo visibilizando o autismo" acompañada por "Poemas fotográficos sobre diversidade e autismo". A autora é Paula Verde, nai membro da Comisión NEAE de FOANPAS. Achegádevos a vela!!













A COMISIÓN NEAE DE FOANPAS

A Comisión Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) é un grupo de traballo constituído na Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e Comarca (FOANPAS). Esta comisión de traballo está formada por familias e algún/algunha especialista colaborador/a que están a vivir o día a día da realidade das persoas con diversidade funcional.
Este grupo de traballo parte das convivencias e experiencias individuais e colectivas que están a experimentar no quefacer diario dos seus nenos e nenas con diversidade funcional no ámbito escolar. Dende as súas vivencias en centros de ensino público e privado-concertado, enténdese que hai un obxectivo común que é  a INCLUSIÓN real no eido socioeducativo, que vai máis alá da mera integración en centros de ensino ordinario.
Baixo un clima de colaboración, afecto, motivación e acollida, facemos valoracións do sistema escolar da cidade en referencia aos escolares con necesidades específicas de apoio educativo. Nesta comisión analízanse os textos legais que regulan as atencións a estes discentes e as súas familias, compártense experiencias e apórtanse ideas de cara a combater o inmobilismo social e promover a resolución de conflitos xerados na intervención, ou deixadez, para/con nenos e nenas con diversidade funcional.
Formamos un equipo de traballo implicado, activo e autónomo que funciona baixo o paraugas da sensibilidade e o tacto pedagóxico traballando a prol dunha mellor atención a estas pequenas persoas que máis adiante serán cidadáns/cidadás adultos/as, autónomos/as e libres, en convivencia cos/coas demais:   “CON TODOS -  COMO TODOS”
Día a día, semana a semana… a comisión traballa de forma totalmente autónoma a través das redes sociais e dos recursos dinámicos e colaborativos que facilita hoxe en día a rede informática da internet. O obxectivo é ir cumprindo pequenas metas integradas no proxecto de traballo definido a principios de curso ou de ano.
Agora mesmo, estamos a traballar na mediación coas diferentes administracións para que atendan as nosas demandas e tratar de sensibilizalos explicándolles, como nais e pais que somos, o camiño que estamos a facer e elaborando propostas, sinxelas e de custe cero ou moi reducido, que facilitarían o pleno desenvolvemento destes grandes pequenos cidadáns.

Non queremos parques específicos para eles, non queremos campamentos de verán específicos para eles, non queremos que un irmán con diversidade funcional se quede fóra da actividade vendo como o seu irmán maior participa… 

QUEREMOS QUE OS NENOS E NENAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL FORMEN PARTE DA SOCIEDADE CON TODOS E COMO TODOS.