GRUPO DE TRABALLO-ZONIFICACIÓN

20 de abril 2017

O GRILO QUE SUSURRABA Á ADMINISTRACIÓN
CAPÍTULO IV
“HEI! NON VAIAS PRESUMINDO POR AHÍ”
“Dous factores fundamentais: comedores escolares e transporte escolar”
D. César A. Pérez Ares, xefe territorial, afirma no debate que o transporte escolar e o comedor son factores clave para as familias á hora de elexir centro educativo. Sostén que é preciso ter transporte escolar e que, cada vez en maior medida, por mor de conciliar a vida familiar e a laboral, o comedor é un servizo moi demandado.
E cal é o papel que desempeña a Administración nestes factores que, ela mesma, considera claves?
En primeiro lugar, á espera de que tamén a vida laboral dirixa os seus pasos hacia a conciliación, na vida escolar eses pasos xa se deron. Mais aló do seu horario lectivo, todos os centros educativos (públicos, concertados e privados) ofrecen cada vez en maior medida aulas matinais, comedor e actividades extraescolares. A Administración, pola súa banda, non xestiona nos centros públicos as aulas matinais que se ofrecen, non se ocupa das actividades extraescolares destes centros e xestiona somentes una pequena parte da totalidade de comedores dos centros públicos da nosa cidade.
Temos que agradecer, polo tanto, á Administración, que teña depositado unha total confianza sobre as ANPAS dos centros públicos á hora de por en marcha e xestionar o que considera un dos dous factores clave. O mérito da implantación destes servizos nos centros públicos é das familias. Noraboa a todas as persoas que voluntaria e desinteresadamente tedes traballado para que esta realidade sexa posible. Non somentes conseguides por en marcha estes servizos tan necesarios, senón que dades un exemplo de colaboración aos vosos fillos e ás vosas fillas e facedes da escola pública un exemplo de comunidade educativa inclusiva, participativa. Engadides valor á Escola Pública. O MÉRITO NON É DA ADMINISTRACIÓN, AÍNDA QUE SÚA DEBERÍA SER A TAREFA.
A boca da Administración considera factores claves o transporte e o comedor, di que son servizos básicos, pero… que fan as súas mans?
Prudencia? Nós?
Convidámoste a difundir a información e a participar no debate en cada un dos capítulos, aportando argumentos. Lembra que este video é un fragmento do debate retransmitido por Localia o pasado 8 de marzo e que podes visualizar de xeito íntegro no noso muro.
En segundo lugar, en relación ao transporte, son tantos os despropósitos que serán motivo de próximas reflexións neste espazo. O certo é que temos unhas empresas de transporte capaces de decidir en moitos casos os horarios dos centros públicos da nosa cidade, por riba do que decidan os seus claustros e consellos escolares. E temos tamén una Administración que, entre outras cousas, é capaz de negar a posibilidade de ter transporte a centros públicos que de verdade o precisan. Falamos concretamente do CEIP Mosteiro-Bembrive, do Paraixal ou do Eduardo Pondal, aos que a Xefatura Territorial non somentes impide ter novas liñas de transporte, senón que mesmo non permite que poidan compartir liñas de transporte escolar xa existentes e que non cubren á totalidade das súas prazas. Que razón pode existir para que unha liña escolar, dun centro público, se ten prazas vacantes, non poida ser compartida por outro centro público, se os traxectos son coincidentes e esas prazas demandadas? Alguén atopa algunha?


https://www.facebook.com/permalink.php?story_fbid=154447491751846&id=100015597883830



20 de abril

Ser -Radio Vigo:

Isto é o que acontece cando fala un político. Se escolle o dato mais axeitado e se utiliza sen contextualizar para amosar unha realidade que dista moito de ser real.
En primeiro lugar, supoñamos que o dato é correcto. Nós non temos datos globais de matrícula todavía, e xa temos sido testemuñas de afirmacións falsas por parte de Xefatura Territorial, pero supoñamos que o é. Afirman que o 98,2 % dos novos escolares obtén praza no centro que solicita. Sería axeitado aportar tamén o mesmo dato para os nenos que acceden á Educación Secundaria Obrigatoria e o Bacharelato. Cal é a porcentaxe de escolares que estudan nesta etapa no centro elexido? Os datos habería que presentalos todos, desglosados e contextualizados. Non hai outro xeito de analizalos.
Por outra banda, se utiliza este dato para transmitir a idea de que as familias obteñen praza para os seus fillos e fillas no centro que queren. Afirmación falsa.
Calquera que se achegue á realidade decátarase de que, sempre, ten nomes e ten caras. Nós poderíamos falar, por riba dese dato, desa familia que ve dende a xanela da súa casa un centro ao que non poderá optar para matricular ao seu fillo ou á súa filla, porque o seu edificio non existía e, polo tanto, non estaba contemplado nesa zona escolar fai 20 anos. Esa familia non pedirá ese centro, aínda que querería. Isto pasa en moitas rúas da nosa cidade. Nós poderíamos falar, por riba dese dato, desa familia que non pedirá para o seu fillo ou a súa filla o centro que preferiría, porque se o fai, non terá praza na súa zona escolar cando aos 12 anos teña que cursar a secundaria. Nós poderíamos falar dos escasos centros públicos do núcleo da cidade, que non dan cabida a todas as familias que o elexirían se poidesen.

Nós podemos falar, por riba dese e doutros datos, da realidade de moitas familias, realidade que se fai presente de novo no momento de acceder á educación secundaria. O Sr. Eduardo Seco, como inspector, coñece ben o que acontece no momento da escolarización. Sabe que unha solicitude é valorada e baremada no centro elexido en primeiro lugar e, se non obtén praza, é a comisión de escolarización a que decide, ENTRE AS PRAZAS SOBRANTES do resto dos centros, donde se escolarizará a ese neno ou a esa nena. Sabe tamén que, en moitas ocasións, esa decisión se toma xa comezado o curso. Debería saber, como sabemos nós, que as familias non elexirán en primeiro lugar un centro onde non teñen posibilidades de entrar, por moito que o poidan desexar.
E que dicir do argumento de "centro emblemático" para defender un reparto inxusto? O IES Santa Irene ten espazo, aulas e capacidade para ser un centro de liña 4 (4 grupos en cada un dos cursos da ESO e catro grupos nos dous cursos de bacharelato). Deste xeito ofrecería todas as modalidades de bacharelato ao seu propio alumnado e tería prazas sobrantes para ofrecer de xeito libre. Pero non se organiza así, senón que ofrece somentes 3 liñas para a ESO fronte ás 6 liñas que ofrece para o bacharelato. E isto o fai porque é un edificio emblemático? Claro que non! Non hai que modificar a estructura do edificio. Isto o fai, ao igual que o fan o resto de institutos mais centricos (non é o único) por mor da súa ubicación. Os institutos situados mais alonxados non reparten a súa capacidade deste xeito, en ningún caso.
O único certo e que existe unha "realidade social" (así é como a chama o responsable da Xefatura Territorial) integrada por unha parte do alumnado que, cursando toda a súa etapa educativa anterior en centros concertados, decide cambiarse a centros públicos no momento de cursar o bacharelato, con todo o seu dereito. Pero fronte a esta realidade social, existe outra: a dos escolares que xa desexan, tamén con todo o seu dereito, cursar os seus estudos, xa dende a ESO, neses centros públicos mais próximos.
Cal das dúas realidades recibe resposta por parte da Administración? Cal é o criterio? Son os escolares que optan por centros públicos para cursar a primaria, os que han de trasladarse á periferia no momento de cursar a secundaria? Non poden desprazarse os escolares que proveñen de centros concertados, catro anos mais maiores, a cursar o bacharelato? Debería ser mais determinante, na decisión de desprazar, a idade ou o centro de procedencia? Cal sería o criterio mais xusto?



Por último, un principio básico de economía. Non se pode demandar o que non se oferta. Se pode desexar, pero non solicitar. A administración educativa decide a oferta de prazas. As familias solicitarán esas prazas, non outras.

Xoves 13 de abril 2017

Faro de Vigo:

Las ANPA recurren a vallas para exigir otra zonificación escolar

13.04.2017 | 01:53

FdV
| Lo intentaron por los cauces reglamentarios con escritos y reuniones, lo llevaron al pleno municipal, emprendieron movilizaciones... Pero tras este año de trabajo, la Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais (Foanpas) denuncia que la Consellería de Educación no ha dado respuesta a su demanda de reordenar de forma racional el reparto de los alumnos por los institutos de la red pública en función del colegio de procedencia, una zonificación que tiene 20 años. Por ello, ahora han optado por una valla publicitaria en la avenida de Europa para visibilizar esta necesidad. Con "Estudas ou viaxas?" hacen referencia a los 150 alumnos que tienen que desplazarse 10 kilómetros para ir a clase._________________________________________________________________________

O GRILO QUE SUSURRABA A ADMINISTRACIÓN
CAPÍTULO III 
“CARIÑO, TEÑO ENCOLLIDO AS PRAZAS”

César A. Ares, xefe territorial, afirma o seguinte:
“Non tiña sentido ter un centro integrado (o Celso Emilio Ferreiro) ao lado dun instituto de educación secundaria (o Álvaro Cunqueiro)”
Non tiña sentido? E se o centro que estaba ao lado xa tiña as súas aulas cheas de alumnado… como pensaban que se asumiría esa demanda de prazas escolares? COMO VERTES O AUGA DUN VASO NOUTRO QUE XA ESTÁ CHEO? Non haberá que buscar outro vaso antes de vertelo?
Non temos datos sobre se foron os propios docentes os que pediron que se deixase de impartir a ESO no Celso Emilio Ferreiro. Igual alguén pode aportar algo cos seus comentarios. O que sí temos claro é quen o decidiu. Foi a Administración. Parece que o motivo é que é inapropiado un modelo de centro no que se integren a educación primaria e a secundaria. É inapropiado se o centro é un centro público, claro. No resto non o é.
A cuestión é que, o que aconteceu, con esa decisión que tanto sentido tivo para a Administración, e que o Álvaro Cunqueiro (que estaba ao lado, pero cheo) se masificou ata estoupar. E, por mor de solucionar o problema orixinado neste centro, se trasladou o exceso de demanda ao Alexandre Bóveda uns anos despois. Os problemas viaxan dun centro a outro… é esto o que ten sentido?

Escoitamos as súas verbas, xustificando as súas decisións, e non deixa de ser sorprendente: afirma que deixou de impartirse acertadamente a ESO no Celso Emilio Ferreiro e a procura dun espazo (que non había) para eses escolares, non orixinou problemas, nin no Álvaro Cunqueiro primeiro, nin no Alexandre Bóveda logo. É sorprendente porque contradice o que él mesmo asinou, na Resolución do 5 de febrero de 2015, cando trasladou o problema dun ao outro:
“A maior parte das modificacións están motivadas polas necesidades de escolarización do alumnado pertencente aos centros actualmente adscritos ao IES Álvaro Cunqueiro, dado que este centro non pode atender toda a demanda procedente dos cinco centros que ten adscritos”.

Aproveitamos para sinalar que tamén asina, nesa mesma Resolución, o seguinte:
“O procedemento respectou os trámites establecidos no artigo 8.1 da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15) pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos …. Consta no expediente o cumprimento do trámite de audiencia ao Consello Escolar Municipal de Vigo, á xunta provincial de directorasles e mesmo á representación das persoas titulares dos centros privados concertados, así como a emisión do informe preceptivo da inspección educativa en sentido favorable á proposta.”

Semella que coñece a normativa vixente. Polo tanto sabe que, dado que a día de hoxe non houbo ningunha resolución posterior, nin houbo tramitación, dacordo ao establecido pola normativa, de ningunha proposta por parte da Administración, a situación de tódolos centros implicados é exactamente a mesma que esta Resolución determinou no ano 2015. O CEIP Castelao de Navia segue adscrito ao IES Alexandre Bóveda… non é así?
A Resolución está dispoñible na seguinte ligazón:

Convidámoste a difundir a información e a participar no debate en cada un dos capítulos, aportando argumentos. Lembra que este video é un fragmento do debate retransmitido por Localia o pasado 8 de marzo e que podes visualizar de xeito íntegro no noso muro.

https://www.facebook.com/permalink.php?story_fbid=144285459434716&id=100015597883830
_____________________________________________________________
O GRILO QUE SUSURRABA Á ADMINISTRACIÓN
CAPÍTULO II
“1 + 1 SON 7”
César A. Pérez Ares, xefe territorial, afirma o seguinte:

“Os repetidores crean no Alexandre Bóveda un problema de número de prazas”.

O IES Alexandre Bóveda é un centro de liña 5, capaz de albergar polo tanto 5 grupos de 1º da ESO.

Os 3 centros de primaria que tiña adscritos, antes do último parche da Administración, sumaban 5 grupos de sexto (2 o CEIP Seis do Nadal, 2 o CEIP Balaídos e 1 o CEIP Pintor Laxeiro). Nesta situación non xurdía problema ningún, porque a diferencia de ratio entre os grupos de primaria (25 alumnos) e os de secundaria (30 alumnos) absorbían sen problema aos posibles repetidores e permitían ofertar unhas poucas prazas libres para o alumnado que as pretendía, aínda que non fose adscrito.

O PROBLEMA O ORIXINA A ADMINISTRACIÓN, cando en febreiro de 2015 decide parchear de novo a zona. Nese momento, a Administración baralla de novo os centros da zona e asigna ao IES Alexandre Bóveda 5 centros de primaria que suman un total de 7 grupos de sexto (2 o CEIP Seis do Nadal, 2 o CEIP Balaídos, 1 o CEIP Rocío, 1 o CEIP Illas Cíes e 1 o CEIP Castelao). Somentes hai que saber sumar para decatarse de que 7 grupos de sexto non teñen cabida en 5 de primeiro da ESO. NON ENTRAN, NIN SEQUERA, OS QUE TEÑEN DEREITO POR SER ADSCRITOS; cero prazas libres para ofertar ás familias que, por cambios na adscrición da zona, terán aos seus fillos e fillas repartidos en centros distintos, e todo isto sen contar a ningún repetidor.

Convidámoste a difundir a información e a participar no debate en cada un dos capítulos, aportando argumentos. Lembra que este video é un fragmento do debate retransmitido por Localia o pasado 8 de marzo e que podes visualizar de xeito íntegro no noso muro.
https://www.facebook.com/profile.php?id=100015597883830&fref=nf_____________________________________________________________________________
O GRILO QUE SUSURRABA Á ADMINISTRACIÓN
CAPÍTULO I
"BAREMANDO VOU, BAREMANDO VEÑO…"
César A. Pérez Ares, xefe territorial, afirma na súa primeira intervención no debate, entre outras cousas…
“Somentes se barema nos centros privados e concertados”.
“Os centros públicos non necesitan baremar”.
“En ningún caso houbo que baremar neste Centro. Nunca” (Se refire ao CEIP Castelao de Navia)

Non dispoñemos dos datos sobre baremación en centros privados e concertados. Por non dispoñer, nin sequera coñecemos nalgún dos centros concertados cal é a oferta pública de prazas, aínda que é imperativo legal a súa publicación no taboleiro de anuncios para o proceso de admisión.
Con todo, o que si sabemos, é que se barema nos centros públicos. Diso si temos datos. Se baremou e séguese baremando en moitos centros públicos da nosa cidade. E no centro público de Navia, tamén. Nos cursos 2013/2014, 2014/2015 e 2015/2016 houbo que baremar e publicouse a correspondente lista de non admitidos, lista á que, nalgúns casos, todavía pode atoparse en Internet nas seguintes ligazóns:
No curso 2016/2017, tras facerse público o problema coa adscrición, o traslado aínda non tramitado oficialmente dos escolares deste Centro a cursar a ESO lonxe da súa zona e a demora na concesión da ampliación das instalacións, houbo 24 solicitudes para 25 prazas. No proceso de admisión vixente, hai 46 solicitudes (para 50 prazas)que esperan ver culminada a ampliación para o comezo do curso en setembro.

Axúdanos, comentando a tua experiencia, a completar a información sobre os centros públicos que bareman ou teñen baremado en Vigo, xa que a Administración Educativa semella descoñecer esta realidade.
Fragmento do Vigo a Debate (Localia Vigo)
________________________________________________________________________________________

Luns 21 de marzo 2017

Hoxe mantivemos unha xuntanza co BNG, xa que solicitaron unha entrevista con nós para informarse e poñerse ao día de como está a problematica da zonificación en Vigo









Mércores 8 de marzo 2017

Localia - Vigo a Debate - ZONIFICACIÓN XA!!!!

Seguimos na loita dunha nova zonificación xusta e axustada ás necesidades actuais da poboación de Vigo

Interveñen: 
Dona Olga Alonso (Concelleira de Educación do Concello de  Vigo)
Dona Regina Ibáñez (Portavoz  FOANPAS)
Don César A. Pérez (Xefe territorial de Educación de Pontevedra)
Don Ramón Méndez (Pte. Asoc. Directores Colexios Públicos de Vigo)

Venres 18 de febreiro 2017

Presentación do vídeo para esixir un estudo para a elaboración dunha nova ZONIFICACIÓN XUSTA!!!





Martes 14 de febreiro de 2017

No rexistro da Xunta, loitando por unha zonificación nova!!







Mércores 1 de febreiro de 2017

Orde do 25 de xaneiro de 2017

27 de Xanerio 2017

Faro de Vigo:

Las lagunas de la zonificación escolar ante los cambios demográficos

La priorización del Bachillerato en institutos fuerza a 150 niños de ESO a desplazarse hasta 10 km de casa

Alumnos de Navia o Castrelos deben estudiar en Valladares cuando tienen un centro a veinte minutos a pie pero sin plaza para ellos - Los buses privados, entre los beneficiados -Los padres urgen una reorganización

27.01.2017 | 07:23

Miembros de las ANPA del Rocío, Coia II, Balaídos, Seis do Nadal, Illas Cíes, Castelao y de Foanpas. // Marta G. Brea

La zonificación que distribuye a los alumnos por los institutos de la red pública en función del colegio de procedencia tiene 20 años y la realidad de los barrios ya no es la misma. La población joven se ha desplazado, en especial, a zonas como Navia y A Miñoca, mientras que está desapareciendo de otras, como Valadares. Así, los cuatro institutos ubicados que atienden a las primeras están colapsados y en el de la segunda, sobran plazas. Se produce entonces la extraña situación de que unos 150 alumnos del nuevo polígono y de Castrelos deben estudiar en Valadares -a 10 y 7,5 kilómetros respectivamente- cuando tienen un centro de Secundaria a veinte minutos a pie de sus casas. Además, a cinco días de que empiece la matriculación, otros 150 alumnos a los que antes les correspondía el Alexandre Bóveda (Coia II) no saben dónde cursarán primero de la ESO, por el colapso de este centro. La Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais (Foanpas) reclama la reordenación de las adscripciones prometida por la Consellería de Educación y sostiene que no se realiza porque el actual reparto reserva plazas cerca del centro para los alumnos de Bachillerato procedentes de concertados.

Los mayores problemas de escasez de plazas los sufre la zona escolar de Coia, Navia, Alcabre, Bouzas y Castrelos hasta Balaídos, a la que da servicio el Alexandre Bóveda (Coia II), el Álvaro Cunqueiro (Coia IV), el Santa Irene y el Santo Tomé. Comenzaron en 2011, cuando Educación cerró Secundaria en el quinto centro con el que contaba, el Celso Emilio Ferreiro. Primero redirigió a sus alumnos al Coia IV, "hasta que dos años después explotó", según cuentan desde Foanpas. Optó después por repartirlo y al Alexandre Bóveda le asignó por encima de su capacidad: le mandan estudiantes como para crear 7 aulas de 1º de ESO cuando solo tenía 5. El ANPA del centro aceptó la situación este curso con el compromiso de Educación de buscar una solución para el próximo. Al no llegar, se han plantado y no está dispuesta a pasar de 5 clases o a sobrecargarlas de alumnos. No quieren perder calidad de enseñanza ni espacios destinados a laboratorio, informática o idiomas.

Así, son unos 50 los alumnos que se quedan fuera. La Jefatura territorial de Educación acaba de oficializar el cambio de adscripción de los que proceden del colegio Alfonso Rodríguez Castelao de Navia -unos 25 por curso- y los ha mandado a Valadares. El curso pasado, la mayoría de los de sexto de Primaria -otros 25- de este centro ya se habían trasladado allí ante la situación de incertidumbre y después de que la Administración les confirmara su intención de moverlos. La consellería defiende que realizó este "cambio puntual y urgente" tras hablarlo con las familias y asegura que están "satisfechas" con el primer año de experiencia. Defiende también la "necesidad de potenciar Valadares" ante su "riesgo de cierre" por falta de alumnos.
Para los otros 25 que aún sobrarán en el Alexandre Bóveda. se procederá a una baremación que indique cuáles de los 150 adscritos se mandan a centros con plazas libres, por lo que entre todos ellos reina la incertidumbre sobre qué harán el próximo curso.
Los padres no se niegan a que sus hijos -de entre 11 y 16 años en ESO- se desplacen si no tuvieran sitio cerca de sus casas. Lo que critican es que en los otros dos institutos de su zona, el Santa Irene y el Santo Tomé, se priorice Bachillerato en la reserva de plazas, ya que absorben a los alumnos de los centros concertados que se cambian al sistema público al acabar la ESO. Así, por ejemplo, en el primero, se destina el mismo número de aulas a Bachillerato que a Secundaria, pese a que el primer nivel tiene 2 cursos y el segundo, 4. Los padres reprochan que se blinden clases cerca de sus domicilios para estos estudiantes de 16 a 18 años, mientras que se fuerza a largas rutas de autobús a niños desde 11 años. Recuerdan que la ESO es educación obligatoria.
En la misma situación están los alumnos del colegio Mestres Goldar. Pese a estar a veinte minutos a pie del Santa Irene, les remiten desde hace años a Valadares. Son otros cien afectados. La situación es más sangrante porque en su ruta pasan por otro instituto, a menos de dos kilómetros de su barrio, que tiene plazas libres para acogerlos, el de Beade. ¿Por qué van entonces a Valadares? "Porque el transporte es intocable porque hay un contrato", cuentan desde Foanpas que les respondió el jefe territorial, César Augusto Pérez. "Aunque no haga falta, se buscan niños, nos dijo".
El colectivo sostiene que nos se aborda el estudio de reorganización de las adscripciones en base a criterios técnicos por estas dos cuestiones. La Xunta asegura que Inspección educativa trabaja actualmente en "el estudio de viabilidad de modificación de la zonificación escolar". Los padres le responden que ya les ha dicho eso en varias ocasiones sin tener resultados y recuerdan que la matrícula empieza en cinco días.
Seguimos reclamando un novo estudo para unha zonificación mais xusta.

----------------------------------------------------------------------------------------------
Titular sacado da prensa se hoxe (Faro de Vigo 27/01/2017)