viernes, 3 de febrero de 2017

ALERTA LARANXA POR VENTO A PARTIR DAS 15 h. MOITA PRECAUCIÓN NOS CENTROS ESCOLARES Á HORA DE SAÍDA DO COMEDOR ESCOLAR.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21138

Alerta laranxa por refachos de vento superiores aos 90-100 Km/h en toda Galicia
Xov, 02/02/2017 - 12:25
A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxadende as 15 horas en adiante (aproximadamente) do venres 3 de febreiro de 2017, por refachos de vento superiores aos 90-100 km/h que afectarán a toda Galicia.
 Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a suspensión das actividades no exterior a partir das 15.00h (tanto escolares como extraescolares) das instalacións do centro escolar situados en tódolos concellos de Galicia, con seguimento das condicións climáticas.
Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa un centro supuxesen un risco maior, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares.
 A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org) .