martes, 3 de enero de 2017

"Nesta obra, Pedro e Francisco, que son pais, ofrecen ferramentas útiles para formar familias razonables (xa sabemos, ou deberiamos saber, que a perfección non existe) e lévannos de viaxe ao sentido común, ao punto medio no que habita a virtude. O profesor xa non é nin debe ser aquel señor don Francisco do Antigo Réxime, pero tampouco o "Paquillo" que nos trouxo a ansiada liberdade. Entre ambos extremos está o equilibrio. Atreverse a encontralo é de valentes". (Emilio Calatayud).
@s valentes podedes anotarvos no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com para compartir o vindeiro 20 de xaneiro con Francisco Castaño unha tarde para "Aprender a educar".