martes, 26 de abril de 2016

IV XORNADAS DE INCLUSIÓN EDUCATIVA

O vindeiro 7 de maio celebraremos as IV Xornadas de Inclusión Educativa na ESAD (Escola Superior de Arte Dramática) en Poza Cabalo s/n (zona Navia - Vigo).

Serán unhas xornadas para visibilizar a diversidade funcional e reivindicar a inclusión educativa de todos os nenos e nenas, respectando así os seus dereitos.

Servizo de ludoteca para nenos/as de 3 a 12 (previa inscrición), servizo de intérprete en lingua de signos e posibilidade de comer por 10 € (facendo ingreso na conta indicada no díptico e enviando xustificante).

Inscricións no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com




viernes, 22 de abril de 2016

LIBROS DE TEXTO GRATUITOS...

Dende FOANPAS levamos todo o curso facendo campa;as reivindicativas por que todos os cativos/cativas de ENSINO PUBLICO teñan acceso a libros de texto gratis...vos deixamos un pequeno resumo delas:

1. DOAZÓN Á BILIBIOTECA DE GAIÁS NA CIDADE DA CULTURA  DE SANTIAGO





2. ENVIAMOS ÓS PARLAMENTARIOS GALEGOS UN LIBRO COMO AGASALLO POR NADAL


http://cadenaser.com/emisora/2016/04/13/radio_vigo/1460543482_989815.html

3. REPARTIMOS LIBROS DIANTE DA XUNTA DE GALICIA NA PRAZA DA ESTRELA


http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2016/02/27/foanpas-regala-libros-texto-desuso/1412597.html

http://www.atlantico.net/articulo/vigo/asociaciones-padres-regalan-libros-texto/20160301093355517560.html

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2016/02/29/foanpas-reparte-200-libros-texto/1413991.html


4. FIXEMOS PUBLICOS OS MILES DE LIBROS DESAFIUZADO, DIÑEIRO TIRADO


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2016/02/27/padres-alumnos-desechan-20000-libros-texto-desahuciados/0003_201602V27C1993.htm#viewmedia

jueves, 21 de abril de 2016

Seguimos informando sobre as inminentes probas de avaliación, coñecidas como reválidas. Se queres saber máis sobre estes exames non perdas a oportunidade e vén ao IME o 29 de abril ás 20:00 horas. Inscricións no 986298812 e en foanpas@foanpas.com


E o vindeiro 6 de maio voltamos á rúa. Desta volta organizamos unha CONCENTRACIÓN contra as reválidas. Será o 6 de maio na Farola de Urzáiz ás 19:30 horas. Anímaste a acompañarnos vestido/a de ovella??


miércoles, 20 de abril de 2016

O 7 de maio teremos as IV Xornadas de Inclusión Educativa na ESAD (Escola Superior de Arte Dramática) sita en Poza Cabalo s/n (zona de Navia). Estas xornadas son unha oportunidade para visibilizar a diversidade funcional e para reivindicar a inclusión educativa, social e laboral das persoas con diversidade funcional. José Raposeiras, Beatriz del Pozo, Beatriz López, Manoli del Palacio, Encarna Fernández, Nieves Villar, Carmen Saavedra, Mª José Cruz, Verónica Aguiar, Carmen Gómez e a Fundación Igualarte acompañarannos nesta interesante xornada. É preciso anotarse no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com
Prazas limitadas!!!




martes, 12 de abril de 2016

O vindeiro venres 22 de abril teremos a I Xornada sobre Redes Sociais no Salón de Actos do IME, dende as 16:30 ata as 20:00 horas. Estarán con nós Antonio Rial Boubeta (profesor da USC) "Internet: escolares galegos en risco?" e Víctor Julio Quesada (médico de familia) "Cando as Novas Tecnoloxías se converten en adicción". Dirixidas á comunidade educativa dos centros de ensino público, podedes anotarvos no 986298812 ou a foanpas@foanpas.com