miércoles, 27 de enero de 2016

O vindeiro 3 de febreiro ás 18:00 horas no Salón de Actos do IME teremos unha charla para a comunidade educativa dos centros de ensino público: "CANCRO, LECCIÓN DE VIDA". Esta doenza afecta non só ás persoas ás que se lle diagnostica senón que tamén ten repercusión nas persoas do seu entorno. Como afrontar a doenza? Como explicarlle aos/ás nenos/as o que sucede? Por que falta alguén cercano? Beatriz Figueroa tentará respostar a todas estas cuestións dende a súa vivencia persoal. ACTIVIDADE CON INSCRICIÓN PREVIA.